Galicia segue envellecendo; a natalidade cae un 2,1% no último ano

O número de nacementos en Galicia sobe en abril, pero baixa no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 1.126 nacementos o pasado mes de abril, o que supón un 2,5% máis que os 1.098 bebés contabilizados no mesmo mes de 2022, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Desta maneira, os nacementos crecen na Comunidade, a pesar de que a nivel nacional diminuíron un 1% en abril, con 25.141 nenos. No que vai de ano, rexistráronse en Galicia 4.474 bebés, un 2,1% menos que no mesmo período do exercicio previo, mentres que no total de España esta caída foi do 1,75%, ata 103.443 nenos.

DEFUNCIÓNS

O INE tamén ofrece datos de defuncións ata a semana 21 deste ano, que se corresponde con finais de maio. Ata ese mes, en Galicia faleceron 14.034 persoas, un 4,1% menos que no mesmo tempo de 2022.

Pola súa banda, a nivel estatal morreron 187.000 persoas, un 3,33% menos que nos cinco primeiros meses do ano pasado.

Os nacementos en Galicia
Os nacementos en Galicia | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta