Como chega 'O Son do Camiño' ás dimensións actuais?

"Santiago, como centro de Galicia e capital, era o lugar idóneo. E O Monte do Gozo é a ubicación que reúne todos os aspectos necesarios para acoller a tanta xente", di Carlos Rodríguez, codirector do festival.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 15/06/2023 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Entre este 15 e o 17 de xuño o Monte do Gozo de Compostela acolle O Son do Camiño, un evento masivo no que se calcula a presenza de 120.000 espectadores procedentes de 35 países.

Público nun concerto no festival O Son do Camiño, o 16 de xuño de 2022
Público nun concerto no festival O Son do Camiño, o 16 de xuño de 2022 | Fonte: Álvaro Ballesteros

Segundo o criterio de Carlos Rodríguez, codirector do festival, os pratos fortes desta edición son grandes estrelas nacionais como Vetusta Morla, Leiva, Xoel López ou Aitana; artistas do momento como Bizarrap, Maluma ou Duki; artistas de sobrada experiencia como Kaiser Chiefs, The Kooks ou Wolfmother; e grandes DJs como Steve Angello.

Falamos con Carlos para coñecer como foi medrando este evento.

Quen tivo esa primeira idea que serviu de xermolo para 'O Son do Camiño'?

A idea xurdiu dende as empresas promotoras. Vimos un oco para facer un festival de gran formato de música comercial e pensamos que era o momento ideal para dar o paso.

Arquivo - O cantante Dani Martín no festival O Son de Camiño, no Monte do Gozo, o 18 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Arquivo - O cantante Dani Martín no festival O Son de Camiño, no Monte do Gozo, o 18 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

En que ano? 

Pois foi un par de anos antes da primeira edición, máis ou menos. Que é o que leva levantar un proxecto de tal magnitude.

O Monte do Gozo foi dende o principio o lugar escollido?

Santiago, como centro de Galicia e capital era o lugar idóneo. E O Monte do Gozo é a ubicación que reúne todos os aspectos necesarios para acoller a tanta xente.

Cal foi o relato que lle deu e dá sentido dende aquela?

O relato é pór Galicia no mapa musical europeo e mundial. Facer que O Son do Camiño sexa unha parada máis nas grandes xiras das estrelas internacionais. Achegar o público a grandes artistas  que de outro xeito non poderían ver, e de paso facer que Galicia sexa un lugar ao que vir de viaxe para ver grandes eventos musicais.

Organizar un festival das dimensións do Son do Camiño non debe ser doado. Como se financia e como se conseguen artistas de tan alto nivel?

Contamos con tres fontes de ingresos: os patrocinios, a venda de entradas e os fondos propios. Así é como se levanta un festival. Arriscando. Os artistas conséguense gracias a un labor histórico de contratación e de seriedade das dúas empresas que organizamos o festival. Son moitos anos de experiencia combinada que fan que os artistas internacionais queiran vir tocar a este festival.

Contamos con tres fontes de ingresos: os patrocinios, a venda de entradas e os fondos propios

Coa pandemia chegastes a pensar que rematarían os concertos masivos? Como aguantastes os dous anos de parón?

A pandemia foi unha etapa moi dura para todos. Unhas restricións que anulaban toda posibilidade de xuntar a tanta xente. Pero nós sempre tivemos claro que era unha situación temporal, pensabamos que ía durar moito menos, pero xa no 2021 fixemos unha versión acomodada ás condición sanitarias do momento. Fomos pioneiros en Galicia nese formato. E xa no 2022, o festival realizouse con toda a normalidade que as condicións sanitarias permitiron.

O ano pasado foi o retorno do Son do Camiño. Que credes que pasou para que o público esquecera con tanta rapidez os medos ás concentracións de xente?

Non se pode vivir con medo sempre. O planeta pasou unha época moi dura no ano 2020 e boa parte do 2021. A xente, sobre todo os máis novos, tiñan a necesidade de socializar. Somos animais sociais. A xente quería reunirse de novo cos amigos, pasalo ben e escoitar boa música.

O planeta pasou unha época moi dura no ano 2020 e boa parte do 2021. A xente, sobre todo os máis novos, tiñan a necesidade de socializar.

Que pratos fortes se presentan nesta edición?

Os pratos fortes a nivel musical son as grandes estrelas nacionais como Vetusta Morla, Leiva, Xoel López ou Aitana. Artistas do momento como Bizarrap, Maluma ou Duki. Artistas de sobrada experiencia como Kaiser Chiefs, The Kooks ou Wolfmother. E grandes DJs como Steve Angello.

Algunha outra novidade salientable do festival?

Este ano cambia a disposición dos escenarios e estarán un a carón do outro. Funcionaran de forma alternativa así que o público vaise aforrar moitos paseos polo recinto e non perderán ningunha actuación. Tamén estará instalada unha nora para poder ter as mellores vistas do festival. Cada ano tratamos de que o festival sexa máis accesible e mellor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta