Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/06/2023 | Actualizada ás 11:20
O custo laboral medio por traballador e mes subiu un 5,3% no primeiro trimestre do ano en Galicia en relación ao mesmo período de 2022, ata situarse en 2.556,10 euros, que arroxan unha media de 19,03 euros por hora efectiva, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
En concreto, o custo laboral componse do custo salarial e dos outros custos. Entre xaneiro e marzo, os salarios na comunidade galega (todas as remuneracións, tanto en metálico como en especie) subiron un 4,7% interanual en termos brutos, ata situarse nunha media de 1.848,22 euros por traballador e mes, o que supón unha media de 13,76 euros por hora efectiva
Pola súa banda, a comunidade rexistra un total de 6.929 vacantes, de acordo cos datos do INE, o que representa o 4,6% do total.
DATOS ESTATAIS
No conxunto estatal, o custo laboral medio por traballador e mes subiu un 6,2% no primeiro trimestre do ano en relación ao mesmo período de 2022, situandose así nos 2.897,87 euros, a súa maior subida desde o segundo trimestre de 2021.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.