Os bonos Avant teñen nova caducidade

Estos bonos están dirixidos a aquelas persoas que utilizan este servizo de tren de alta velocidade de forma diaria ou case diaria.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/06/2023 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Renfe, empresa pública dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, volveu a ampliar a caducidade dos abonos Avant a 20 e 60 días, nesta ocasión de forma permanente, tras prorrogar a medida en varias ocasións desde o estalido da pandemia.

Desta forma, os cartóns Plus 10 Normal e Estudante pasarán a ter unha vixencia de 20 días desde a súa primeira validación, mentres que os usuarios do Abono Cartón Plus terán un prazo de 60 días para o seu uso desde a primeira validación. Estes billetes están dirixidos a aquelas persoas, na súa maioría traballadores e estudantes, que utilizan este servizo de tren de alta velocidade de forma diaria ou case diaria.

"A recuperación de viaxeiros nos servizos Avant, unida á estabilización dos comportamentos da nova mobilidade xurdida despois da pandemia -entre eles, a consolidación do teletraballo en España tanto entre os traballadores das empresas privadas como no sector público- xustifican a ampliación con carácter permanente da validez destes títulos de transporte", argumenta o Ministerio.

Engade que se trata de produtos que ofrecen descontos aos viaxeiros recorrentes fronte aos viaxeiros ocasionais, favorecendo a utilización do Avant fronte a outros modos alternativos de transporte menos sustentables.

Un tren de Renfe
Un tren de Renfe | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta