Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 16:44
O Consello Consultivo de Galicia deu conta dun total de 492 expedientes a consulta en 2022, 70 máis que o anterior exercicio (14%), nun ano marcado polas reclamacións sanitarias por causa da covid.
O 70% dos ditames dos que se encarga o Consultivo ten que ver con reclamacións de responsabilidade patrimonial (341 expedientes), onde tivo especial presencia a covid con tres grandes grupos de asuntos: a responsabilidade patrimonial derivada da asistencia recibida, a que reclaman empresas polo peche de negocios e a que demandan contratistas e concesionarios a administracións pola suspensión dos seus contratos.
Do total de 492 expedientes, a Memoria 2022 do Consultivo recolle que 309 foron solicitados pola Xunta e 175 pola administración local. O resto son de entes públicos (4), universidades (3) e administración corporativa (1). Respecto da administración local, a provincia de Pontevedra está á cabeza (73), seguida pola Coruña (56), Lugo (19) e Ourense (16), segundo os datos dados a coñecer este venres.
Entre os informes máis destacables do ano, o organismo consultivo refírese a a consulta realizada pola Xunta en relación coa ordenación do litoral, na que se conclúe que "non existe a necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía" para o traspaso competencial do dominio público-terrestre.
Outros asuntos pasan por informes como o que os municipios están obrigados a cumprir o mandato da lei autonómica de prevención contraincendios e esixir a limpeza de leiras, así como dous recursos de inconstitucionalidade da Xunta contra a lei de cambio climático.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.