Carmela Silva seguirá o que faio o PP na Deputación de Pontevedra para que non dea "pasos atrás" en transparencia

Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/06/2023 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra en funcións, Carmela Silva, asegurou que fará "un seguimento diario" do futuro goberno do Partido Popular na institución provincial para que "non se dean pasos atrás en transparencia" e "na repartición de recursos con criterios obxectivos" e "non a dedo".

En declaracións aos medios acompañados polos integrantes da candidatura do PSdeG ás eleccións xerais pola provincia, Carmela Silva argumentou que a de Pontevedra é a "provincia máis dinámica, a provincia coa xente que ten máis ideas, a máis emprendedora" e que "non vai permitir que de nin un paso atrás".

"O outro día dicía o presidente da Xunta, o señor Rueda, que chegaban á deputación para loitar contra o sectarismo. Eu que estaba moi afectada e que tiña poucas ganas de sonreir, botei unha gargallada ante unha afirmación que todo o mundo ve ridícula", afirmou para subliñar que "se alguén cambiou esta provincia e con criterios de igualdade, respectando a todo o mundo, con transparencia, tendo moi claro que queriamos unha provincia grande, unha provincia das persoas e dos territorios, foi o goberno da Deputación de Pontevedra que presidía Carmela Silva".

Tras incidir en que fará un seguimento "diario" do que o que se faga na provincia, sostivo que o Senado, cuxa lista encabeza polo PSOE na provincia, "é un lugar idóneo" para facer este seguimento.

Integrantes das candidaturas do PSdeG pola provincia de Pontevedra para as eleccións xerais do 23 de xullo. PSDEG
Integrantes das candidaturas do PSdeG pola provincia de Pontevedra para as eleccións xerais do 23 de xullo. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta