Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/06/2023 | Actualizada ás 20:06
Sumar presentou este luns as súas listas para concorrer ás eleccións xerais en Galicia, nas que participan membros do espazo como son Podemos e Esquerda Unida e tamén incorpora nomes do ámbito municipalista.
A académica e profesora na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Marta Lois e o economista e asesor do Ministerio de Traballo Manuel Lago Peñas, encabezan as listas ao Congreso dos Deputados na provincia de A Coruña.
A ata a semana pasada Directora Xeral de Traballo, Verónica Martínez Barbero, encabeza a lista por Pontevedra, mentres que o tamén profesor da USC José Antonio Rodríguez Añón e Alfonso Víctor Ferreiro Outomuro fan o propio por Lugo e Ourense.
Sumar tamén incorpora ás súas listas ao Senado á escritora e gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022, Marilar Aleixandre, e ao exsecretario xeral de Comisións Obreiras Galicia José María Sánchez Aguión.
Segundo Marta Lois, as listas de Sumar Galicia ao Congreso dos deputados son un espazo plural "que representan á Galicia progresista, sen matices e sen exclusións" porque "representar á maioría social significa incorporar a representantes do tecido social, profesionais ou xente do mundo da cultura como facemos nestas candidaturas".
Neste sentido Lois fai fincapé na diversidade das candidaturas, a nivel xeográfico e territorial, así como tamén a experiencia de concelleiros e alcaldes "que tamén queren sumar a esta proxecto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.