Dous feridos en Castrelo de Val na colisión dun turismo contra un camión

Outras dúas persoas resultaron feridas ao sufrir un accidente co seu coche por esquivar un xabaril en Baños de Molgas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/06/2023 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas na colisión entre un turismo e un camión en Castrelo de Val (Ourense). Diso informou este xoves o CIAE 112 Galicia, que tamén trasladou que outras dúas persoas tiveron que recibir atención sanitaria noutro accidente de tráfico rexistrado nunha estrada de Baños de Molgas (Ourense) despois de esquivar a un xabaril.

O sinistro de Castrelo de Val produciuse ás 09:00 horas deste xoves no quilómetro 9,5 da estrada OU-11, en Nocedo do Val, onde un coche no que viaxaban os dous feridos impactou contra un camión. En Baños de Molgas, o accidente tivo lugar ás 06:00 horas da madrugada, cando un vehículo ocupado por dúas persoas envorcou tras realizar unha manobra para esquivar un xabaril.

Foi a propia condutora do coche quen chamou ao 112 para pedir axuda para ela e a súa filla, que a acompañaba no vehículo. Segundo o CIAE, un dos feridos foi evacuado en ambulancia ao hospital de Verín.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta