Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 15:45
As analíticas encargadas pola empresa concesionaria da rede de abastecemento de auga de Betanzos, Viaqua -antiga Aquagest-, onde se detectou un brote de gastroenterite, confirmaron a presenza de "restos fecais, de orixe humana, con presenza de Novovirus" en augas do río Mendo.
Así o informa o consistorio que explica que as tomas foron recollidas "durante a noite do pasado día 13 e a mañá do 14 cando se produciu a última vertedura detectada ao río Mendo". Ao mesmo tempo, asegura que se trata "do mesmo virus que ocasionou o brote de gastroenterite e polo que a auga da rede de abastecemento segue sendo non apta para o consumo".
Nun primeiro informe, tras os casos detectados. Viaqua dixo que as augas non estaban contaminadas.
En consecuencia, engade, os re
sultados destas análises elaboradas polos laboratorios 'Labaqua' serán achegados á denuncia que presentará o Concello no xulgado para que se investigue "a vertedura que foi detectado polos servizos de control e seguimento de Viaqua na zona de captación de auga".
Así mesmo, o consistorio está á espera de que Augas de Galicia, que tamén recolleu mostras ese día, "informe sobre os resultados das súas análises". "Entendemos que non variarán dos realizados polos laboratorios que fixeron a analítica para Viaqua", puntualiza.
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo que a Xunta descoñece a orixe do brote de gastroenterite e continúa realizando as "medidas correspondentes" para determinar se a auga é apta.
A preguntas dos xornalistas sobre este asunto nun acto na Coruña, García Comesaña explicou que o Goberno autonómico continúa facendo análise de auga "na rede --de abastecemento-- e no río" para darlle "recomendacións e instrucións ao Concello na súa competencia de subministración de auga".
O titular de Sanidade quixo transmitir aos veciños de Betanzos que "a Xunta ata o momento que teña a seguridade de que a auga está en condicións adecuadas dirá o contrario".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.