Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2023 | Actualizada ás 11:45
Unha gran nube de fume procedente dos incendios que sofre estes días Canadá chegou á costa galega, podéndose ver a primeira ollada nos ceos de Galicia.
Tal como informaron fontes de Meteogalicia a Europa Press, as partículas en suspensión producidas polos lumes do país norteamericano cruzaron o Océano Atlántico e chegaron a Galicia en forma dunha gran nube. Segundo os expertos, esta nebulosidade sitúase nas capas máis altas da atmosfera e non supón ningún risco para a poboación. As mellores horas para vela son as primeiras da mañá ou á noitiña.
A pesar de que é calificado de "anécdota", desde Meteogalicia puxeron en valor a tecnoloxía actual, que permite visualizar onde se atopan estes fumes e o percorrido que previsiblemente farán. Precisamente o observador europeo Copernicus mostra que esta nube de fume manterase no ceo do norte de España durante polo menos dous días máis, pero irá desvanecéndose co paso das xornadas
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.