A Xunta reclama á Sareb a cesión gratuíta de vivendas para destinalas a aluguer social

A Cámara galega aprobou en abril por unanimidade unha proposta neste sentido

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2023 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia reclamou este mércores á Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria (Sareb) a cesión gratuíta de vivendas para destinalas a aluguer social, así como detalles sobre o número e as condicións das vivendas que a entidade ten en Galicia e que son susceptibles de ser cedidas á Comunidade autónoma.

Diso informou a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nun comunicado, no que informa de que o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), mantivo este mércores unha viodeoconferencia con representantes da Sareb para avanzar na cesión de vivendas á Xunta, despois dos contactos mantidos nas semanas anteriores.

Durante a reunión, García expuxo a necesidade de que a entidade financeira, como sociedade maioritariamente participada polo Estado, ceda gratuitamente ao Executivo galego vivendas da súa propiedade para que este se poidan destinar a aluguer social integrándoas no parque público de vivenda propiedade da Xunta.

Neste sentido, o director xeral do IGVS lembrou que a solicitude está avalada polo Parlamento galego, que aprobou por unanimidade unha proposta en tal sentido. En concreto, tratouse dun acordo dos grupos da Cámara por mor dunha iniciativa do Bloque que pedía á Xunta que actuase de forma contundente para garantir que estas vivendas formasen parte do parque público da Comunidade autónoma.

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, reúnese de forma telemática con representantes da Sareb
O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, reúnese de forma telemática con representantes da Sareb | Fonte: CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta