A Xunta declara a Fundación Margarita Ledo Andión de Interese Cultural

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2023 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a resolución pola que declara a Fundación Margarita Ledo Andión de Interese Cultura.l

A publicación clasifica así á fundación, que se adscribe agora ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A Fundación Margarita Ledo Andión. Casa da Galería. CCC (Cinema, Cultura e Comunicación) busca "conservar, investigar e difundir a obra da investigadora, escritora e cineasta Margarita Ledo Andión", así como "a promoción da cultura galega en xeral e do cinema e o audiovisual en galego en particular, así como doutros bens de cultura e comunicación".

Margarita Ledo - USC
Margarita Ledo - USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta