Morre tras chocar a súa embarcación contra unha batea en Vilanova de Arousa

A outra tripulante resultou ferida

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2023 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida ao chocar a embarcación coa que navegaban contra unha batea en Vilanova de Arousa este sábado. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas foron evacuadas nunha embarcación de Salvamento Marítimo ata o Porto de Vilanova de Arousa.

O servizo tivo constancia do ocorrido ás 19,10 horas do sábado a través da alerta dun dos implicados no accidente e, enseguida, puxo a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e do persoal de Salvamento Marítimo.

Ademais, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha ambulancia ata o peirao, da Policía Local, da Garda Civil, dos Bombeiros do Salnés e tamén dos efectivos de Protección Civil da localidade. Finalmente, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que unha das persoas faleceu. A outra foi trasladada en ambulancia ao Hospital do Salnés.

Bateas mexillón rías galegas
Bateas mexillón rías galegas | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta