Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/07/2023 | Actualizada ás 18:17
Un usuario dunha residencia de maiores de Castro de Rei (Lugo) permanece como investigado por un delito de agresión sexual a unha muller que tamén é residente dese mesmo centro. O detido, segundo ratificaron a Europa Press fontes do TSXG, pasou o pasado xoves a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo, en funcións de garda.
A xuíza decretou a súa posta en liberdade --non se solicitou o seu ingreso en prisión-- e impúxolle a prohibición de comunicarse por calquera medio e de aproximarse a menos de 500 metros da vítima. Isto orixinou o cambio de residencia do acusado por un delito de agresión sexual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.