Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 19:20
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, agradeceu o labor que realiza Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, aos que definiu como "un faro de galeguidade" na capital lusa. Santalices recibiu este luns a unha delegación desta entidade no Pazo do Hórreo, sede do Lexislativo galego, segundo recolle un comunicado.
Jesús Bescos Sinde e Miguel Conde, presidente e vicepresidente, respectivamente, de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa encabezaron a delegación, que coñeceu o Parlamento da man do seu titular.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.