Publicados datos confidenciais da Vicepresidencia sobre menores

Un informe sobre a actividade do do Teléfono do Menor e do Maior de Vicepresidencia da Xunta foi publicado violando a lei de protección de datos, denuncia o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC). O texto inclúe "os datos dunha nai que chamou para pedir auxilio por un problema co seu fillo de nove anos. No documento recóllese explicitamente cal é a cuestión consultada pola muller, así como a idade e o nome completo do menor".

Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/06/2008 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

É máis, o Movemento asegura que a compañía subcontratada para o Télefono do Menor e do Maior probablemente estea a gravar as chamadas sen avisar aos usuarios ou aos traballadores que os atenden.

Cómpre lembrar que non é a primeira vez nesta lexislatura que datos confidenciais particulares xestionados pola Vicepresidencia da Xunta saen á luz pública. Así, o departamento de Anxo Quintana publicou no Diario Oficial de Galicia os DNIs e nomes duns trinta toxicómanos en 2007.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Galicia Confidencial » Blog Archive » A respotas da Axencia de Protección de Datos

[...] Fai uns días publicabamos que un informe sobre a actividade do Teléfono do Menor e do Maior de Vicepresidencia da Xunta foi publicado violando a lei de protección de datos. Hoxe o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) asegura que a Axencia de Protección de Datos recoñece esas irregularidades… A Axencia escuda a súa actuación alegando que cumpriu coa obriga legal de facilitar o acceso a un expediente [...]

5 star trec

renato pregunta: quen vai sancionar a Axencia?
pois non cabe dúbida ningunha: anxo quintana, que para iso é o "vicepresidente da igoaldade e do ben-star". e cando en galiza algo ou alguen ten mal-star, él é o encargado de sacarllelo e no seu cando colocarlle ben-star ...

4 Renato

O evidente é que a noticia non é outra que o feito de que a axencia encargada de garantir a privacidade dos datos, filtra datos de forma neglixente. Tanto si é neglixente como si é intencionada, a filtración é sancionable e a Axencia sancionouno en varios casos. Agora, quen vai sancionar a Axencia?

3 Fuso Negro

Se a Axencia de Protección de Datos publica datos, apaga.
Pódense ter erros e non pasa nada.

2 Renato

si exactamente. pareceme tendencioso