Publicados datos confidenciais da Vicepresidencia sobre menores

Un informe sobre a actividade do do Teléfono do Menor e do Maior de Vicepresidencia da Xunta foi publicado violando a lei de protección de datos, denuncia o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC). O texto inclúe "os datos dunha nai que chamou para pedir auxilio por un problema co seu fillo de nove anos. No documento recóllese explicitamente cal é a cuestión consultada pola muller, así como a idade e o nome completo do menor".

Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/06/2008 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

É máis, o Movemento asegura que a compañía subcontratada para o Télefono do Menor e do Maior probablemente estea a gravar as chamadas sen avisar aos usuarios ou aos traballadores que os atenden.

Cómpre lembrar que non é a primeira vez nesta lexislatura que datos confidenciais particulares xestionados pola Vicepresidencia da Xunta saen á luz pública. Así, o departamento de Anxo Quintana publicou no Diario Oficial de Galicia os DNIs e nomes duns trinta toxicómanos en 2007.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 anónimo

Paréceme un pouco capcioso o titular. Quen publicou os datos foi a Axencia de Protección de Datos" e non Vicepresidencia.