Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2023 | Actualizada ás 16:14
O Concello de Sanxenxo e a Consellería de Sanidade renovaron o pasado venres o convenio de vivendas para médicos, tras a experiencia piloto que funcionou con dous médicos o verán pasado. Este ano, segundo informou a entidad local, espertou un gran interese entre facultativos de fóra da comunidade galega.
Así as cousas, catro novos médicos reforzan desde o pasado sábado o centro de saúde de Baltar, en Portonovo, onde prestarán asistencia durante os meses de xullo e agosto. O Concello faise cargo do aloxamento destes facultativos por un custo de 21.500 durante este período cando a poboación se chega a multiplicar por cinco. O obxectivo desta medida temporal é que a asistencia médica de veciños e turistas non se vexa mermada por este crecemento poboacional.
A contratación deste catro médicos permitirá dotar ao centro de saúde de Baltar dunha consulta máis para desprazados da habitual en veráns anteriores ao covid e manter dous médicos por garda de PAC, de luns a domingo, chegando a tres durante os fins de semana.
DE FORMA "EXCEPCIONAL"
En todo caso, desde o goberno incídese en que esta colaboración se presta de "forma excepcional" mentres non se solucione o problema latente de falta de médicos pola insuficiente convocatoria de prazas en Atención Primaria por parte do Ministerio de Sanidade.
Cabe lembrar tamén que desde o o pasado 1 de xullo e ata o 31 de agosto, o centro de saúde de Baltar volve ser a base da ambulancia medicalizada que a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 asignou aos concellos do Salnés. Ademais, o PAC de Baltar contará nos próximos días cun garda de seguridade na entrada para garantir a boa convivencia no centro médico entre facultativos e pacientes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.