Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 12:01
O consumo de auga da billa foi restrinxido no municipio ourensán da Rúa tras detectarse un brote de gastroenterite entre os veciños. Segundo informou a Europa Press a alcaldesa, María González Albert, de forma paralela á aparición dos síntomas nos veciños, detectouse nun depósito secundario da rede de abastecemento a presenza de contaminación no marco das analíticas habituais que levan a cabo na rede de abastecemento.
Precisamente, Sanidade informaron de que se detectou contaminación microbiolóxica por presenza de coliformes e E. Coli. Por este motivo, comunicouse a situación ao Concello, así como as restricións de uso mentres non leve a cabo a limpeza e desinfección do depósito afectado, da rede de abastecemento e verifíquese, mediante analísticas, que a situación volve á normalidade.
Deste xeito, a Cosnellería de Sanidade trasladou ao Consistorio que, mentres non se rexistren os valores adecuados para o consumo, non se poderá utilizar a auga da billa nin para a súa inxesta nin para a preparación de alimentos nin para a hixiene bucodental. Si se poderá seguir empregando para a hixiene persoal e para a limpeza doméstica.
Pola súa banda, a rexedora informou de que xa se están levando a cabo as tarefas de limpeza e que a auga que baixa "empeza a estar ben", aínda que haberá que esperar aos resultados das análises para que se poida retomar o consumo da auga da billa.
Conforme indicou, este episodio de contaminación afectou á poboación de tres cuartas partes da localidade, tendo en conta que non chegou aos veciños da Rúa Vella, que teñen unha rede de subministración distinta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.