Profesionais que atenden a vítimas de violencia de xénero en Galicia recibirán formación especializada

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública destinaron 35.000 euros de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para esta iniciativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2023 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), adscrita á Consellería de Facenda e Administración Pública, destinaron 35.000 euros de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para formación especializada dos profesionais que atenden ás vítimas en Galicia.

Segundo trasladou a Consellería, a iniciativa ten como obxectivo implementar un programa especializado en prevención da violencia de xénero para persoal sanitario e educativo, ou para cuestións propias desta materia aos equipos psicosociais, co fin de mellorar a súa intervención.

Con este proxecto, o Goberno autonómico subliñou que pretende "sensibilizar e promover relacións igualitarias entre mulleres e homes" a través de medidas de formación en materia de "igualdade, prevención e loita contra a violencia machista, incluíndo melloras e ampliacións na oferta formativa e reforzando as horas e os módulos relativos a esta materia".

Ademais, sinalou que esta iniciativa "traballa en consonancia coa nova Lei de Igualdade que a Xunta está a tramitar no Parlamento de Galicia e que recoñecerá por primeira vez a discriminación múltiple e interseccional da muller", que corresponde aos supostos nos que varias causas dificultan aínda máis o desenvolvemento persoal e social das afectadas.

Manifestación contra a Violencia de Xénero
Manifestación contra a Violencia de Xénero | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta