Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2023 | Actualizada ás 07:51
Tenso debate o protagonizado este luns polos dous principais candidatos ás eleccións do vindeiro 23 de xullo. O candidato do PP á Presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a súa xestión á fronte da Xunta e, como exemplo diso, enarborou a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos en Galicia, a primeira comunidade en implantar a medida, unha actuación que quere impulsar para toda España "cofinanciado" o 50 por cento ás comunidades.
Neste bloque social, que ocupou a segunda media hora do debate, saíu a colación a xestión da Xunta a cal reivindicou Feijóo, mentres que o presidente do Goberno e candidato á reelección, Pedro Sánchez, díxolle que tivo "pouco éxito" nas súas políticas en Galicia.
Iso motivou o debate con Feijóo ironizando co "pouco éxito das catro maiorías absolutas", ao que Sánchez contestoulle que iso "non lle dá nin quita" a razón. A iso, o dirixente socialista acompañouno co peche de camas hospitalarias (máis de 460, citou) e a "conxelación" de médicos, mentres que Feijóo chanceou con que "non lese as fichas que lle fan non sei onde".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.