A pesca galega, na portada The Guardian

O xornal The Guardian fai mención á pesca galega na reportaxe 'Monsoons, drought … and adventure: our world of water – in pictures'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/07/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O famoso xornal The Guardian realizou unha reportaxe fotográfica, da man do fotógrafo Ian Berry, na que mostra os vínculos entre a paisaxe, a vida e a auga. Para levalo a cabo percorreu lugares como Exipto, Corea do Sur, Nova Zelanda, a India e como non, Galicia, de onde tira a imaxe principal da reportaxe.

Fotografía de mariñeiros da exposición «Mans salgadas» de Javier Teniente
Fotografía de mariñeiros da exposición «Mans salgadas» de Javier Teniente | Fonte: Afundacion.org

O fotoxornalista arranca este proxecto dicindo que "nalgúns lugares hai demasiada auga, mentras que noutros, moi poca", e é por iso que decidiu recorrer o mundo en busca de atopar como se vivía da auga en diferentes lugares do mundo.

 

A foto que representa a Galicia dentro da reportaxe mostra unha rede de arenques que recolle un arrastreiro local chamado 'Nuevo Diego-David', unha imaxe en branco e negro onde se pode ver faenar a catro mariñeiros. 

 

Accede aquí á reportaxe completaMonsoons, drought … and adventure: our world of water – in pictures | Art and design | The Guardian

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta