Por E.P. | VIGO | 13/07/2023 | Actualizada ás 19:53
O sindicato de avogados Venia criticou este xoves o "descoñecemento" e o "deixamento" do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, ante a folga de avogados de oficio levada a cabo este pasado mércores.
Nun comunicado, Venia explicou que a Dirección Xeral de Xustiza non ten competencia para recoñecer ou denegar o dereito a folga de ningún traballador. Foi a Dirección Xeral de Relacións Laborais de Galicia a encargada de analizar a legalidade da folga convocada polo devandito sindicato.
Unha vez entendeu que se trataba dun paro "completamente legal", deulle traslado do expediente a Tronchoni para que establecese servizos mínimos que garantisen os dereitos da cidadanía durante a xornada de folga.
"Esta e non outra era a función que correspondía ao director xeral, pero sobre a que declinou a súa responsabilidade declarándose incompetente, pondo en risco as garantías dos cidadáns", lamentou Venia.
Fronte a este "deixamento", foron os propios profesionais os que se coordinaron co sindicato e estableceron o seu propio protocolo de servizos mínimos, "que propiciou que a xornada de folga transcorrese sen incidentes a pasar do altísimo seguimento", segundo destaca Venia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.