A Fegamp ve necesaria unha "mellor coordinación" das AA.PP. e unha definición "óptima" de competencias

fan un chamamento a recibir o "recoñecemento institucional a todos os niveis da acción dos gobernos locais" e lembra que "non son administracións subsidiarias de ningunha outra".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A federación galega de municipios e provincias (Fegamp) reclama o cumprimento do pacto local, a través dunha "mellor coordinación" das administracións públicas e unha definición "óptima" de competencias e financiamento, coincidindo coa conmemoración o próximo 25 de xullo do Día de Galicia.

A organización que representa aos concellos galegos aprobou recentemente unha declaración institucional que, baixo o título 'Sentir e pensar Galicia dende os seus concellos', reivindica a importancia das entidades locais no desenvolvemento de Galicia e na mellora da calidade de vida dos galegos.

Nesta liña, a Fegamp reitera a necesidade dunha acción pública "máis eficaz" e subliña que iso obriga á "mellor coordinación" entre as administracións. En concreto, fan un chamamento para alcanzar unha definición "óptima" de competencias e financiamento, cumprindo co previsto no pacto local asinado en 2006.

A través dun comunicado, sinala que terminaron catro anos nos que a xestión pública viviu "o seu período máis complexo" e indica que sobre todo no ámbito local polos efectos da pandemia da covid e a subida de prezos.

Todo iso obrigou aos concellos galegos a "ter que asumir máis traballo cos mesmos recursos", subliña a nota de prensa da Fegamp. "Algo que non é novo xa que de forma habitual teñen que atender as competencias e servizos doutras administracións sen a cobertura necesaria, ou mesmo sen ningunha cobertura económica", incide.

Por iso, fan un chamamento a recibir o "recoñecemento institucional a todos os niveis da acción dos gobernos locais" e lembra que "non son administracións subsidiarias de ningunha outra".

O presidente da Fegamp, Alberto Varela
O presidente da Fegamp, Alberto Varela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta