Crear apartamentos de aluguer para estudantes en Santiago: unha prioridade para Concello e USC

É unha iniciativa necesaria debido ao "saturado" do mercado do aluguer na cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2023 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves unha moción para que o Consistorio impulse un convenio coa Xunta e a USC orientado a desenvolver apartamentos de aluguer para estudantes.

A iniciativa foi aprobada cos votos a favor do BNG, PSOE e Compostela Aberta por mor dun texto defendido pola concelleira socialista Mercedes Rosón, quen avisou de que o mercado do aluguer está "saturado" na cidade a pesar do "impacto positivo" que tivo a regulación de vivendas de uso turístico.

Así as cousas, sinalou que o PSOE "propón a creación de apartamentos de aluguer para estudantes" en colaboración coa USC e a Xunta, para pór no mercado 200 vivendas en tres parcelas situadas en Xoán XXIII, a Avenida de Castelao e outra nas proximidades do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (USC).

A iniciativa contou cunha emenda do PP, exposta polo concelleiro José Ramón de la Fuente, que Rosón declinou aceptar. Ante iso, os populares, que criticaron que no pasado mandato "nada se fixese" para liquidar este problema, optaron pola abstención.

A concelleira socialista si aceptou outra emenda defendida polo edil do BNG e concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, quen avogou por non vincular o acordo a parcelas concretas para evitar dificultades e apuntado que a prioridade é a recuperación do parque residencial xa construído.

Vivenda en Santiago de Compostela
Vivenda en Santiago de Compostela | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta