Ven "desastroso" o complemento para médicos que exerzan en pública e privada e chaman a prohibilo

Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública di que debería ser rexeitada "pola maioría do persoal" do Sergas, polos sindicatos, polos partidos da esquerda e pola poboación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2023 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) considera "discriminatorio" que a Consellería de Sanidade permita, a partir de xaneiro de 2024, que os médicos que compatibilice o seu labor no Servizo Galego de Saúde (Sergas) coa sanidade privada poidan cobrar o complemento específico.

Nun comunicado, a AGDSP manifesta o seu "máis enérxico rexeitamento" a que se abone este plus considerado "de exclusividade" aos facultativos que exerzan tamén no sector privado, ao considerar que a Xunta busca "pagar favores e fraguar alianzas cunha parte do persoal sanitario".

Ademais, tacha a medida de "discriminatoria", porque os médicos que só traballan na privada quedan "fóra desta subida", e advirte de que "viola de maneira flagrante" a lei de incompatibilidades. De feito, este colectivo vincúlao coa proximidade das eleccións autonómicas --agás adianto, deben ser o próximo verán como moi tarde--.

Trátase dun acordo que alcanzaron o Sergas e a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) para que, a partir do 1 de xaneiro de 2024, os facultativos que compatibilizan ambos os sectores poidan percibir o complemento nunha contía ata 180 euros menor que os que teñen dedicación exclusiva. Foi un dos compromisos adquiridos pola Xunta para frear a folga de médicos do pasado mes de abril.

A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública considera que esta "desastrosa e irresponsable medida" debería ser rexeitada "pola maioría do persoal" do Sergas, polos sindicatos, polos partidos da esquerda e pola poboación.

Médico e prescrición de receita
Médico e prescrición de receita | Fonte: Icomen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta