Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2023 | Actualizada ás 12:26
Raquel Rodríguez Espiño, actual responsable da área financeira do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), será a nova directora de XesGalicia. Substituirá así a Rubén Anguión, que estaba á fronte da entidade desde outubro de 2020. A nova responsable de XesGalicia desempeñou tarefas de auditoria e de asesoramento en empresas privadas e en distintas organizacións profesionais, tal e como informa a Consellería de Economía, Industria e Innovación. É licenciada en Economía e ten un Máster en Administración Financeira e Tributaria, ambas as pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Segundo a Xunta, XesGalicia ten como obxectivo "facilitar a creación e consolidación de empresas", polo cal ten orientada a súa actividade cara a "iniciativas empresariais vinculadas ao emprendemento e á innovación, sen deixar de atender aos proxectos de crecemento ou de reforzo de empresas xa consolidadas en Galicia".
Entre 2008 e 2017, Espiño estivo vinculada a XesGalicia, pois foi técnica de control de participadas nesta sociedade. Ademais, desde outubro de 2017, era a directora da área de financiamiento do Igape e responsable do deseño das convocatorias e a xestión e tramitación de axudas e instrumentos financeiros destinados a apoiar a actividade económica, así como da identificación e negociación de novas fontes de financiamiento para o tecido empresarial galego. Na actualidade, Rodríguez Espiño xestiona unha sociedade de capital risco (Sodiga Galicia) e catro fondos de investimento de tipo pechado: Galicia Compite, Galicia Innova Tech, Galicia Iniciativas Emprendedoras e Adiante 2000.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.