Un home é atropelado na beirarrúa por un camión en Ribeira

Sufriu un golpe na cabeza e foi trasladado até o Hospital do Barbanza.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/08/2023 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser trasladado ao hospital na noite do domingo despois de ser atropelado por un camión e sufrir un golpe na cabeza en Ribeira. Segundo informa o 112 Galicia, foi ao fío das 23.45 horas na rúa Canarias, próxima ao mercado municipal. Entón, un particular chamou á central de emerxencias para solicitar axuda para o ferido, porque parecía necesitar asistencia sanitaria urxente tras ser alcanzado polo vehículo cando estaba na beirarrúa.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061

Así, os xestores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Ribeira, dos membros do GAEM do municipio e dos axentes da Policía Local. Foi necesario coordinar aos distintos equipos de emerxencias para inmobilizar ao ferido e trasladalo de forma segura até a ambulancia, que o levou até o Hospital do Barbanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta