Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2023 | Actualizada ás 14:08
Un motorista tivo que ser evacuado en ambulancia na mañá deste luns despois de sufrir unha colisión do seu vehículo contra un turismo no municipio ourensán de Entrimo. O sinistro, segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 11.20 horas na parroquia de Terrachán. Eran os membros do GES de Lobios os que chamaban para alertar do suceso. Para prestar apoio ao equipo médico e efectuar as tarefas de limpeza da estrada, o 112 solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.