Menos accidentes laborais este ano que o anterior

Galicia rexistrou entre xaneiro e xuño 30 accidentes laborais mortais, un terzo menos que o ano anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2023 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou entre xaneiro e xuño deste ano un total de 13.346 accidentes laborais, un 4,4% menos que no mesmo período do ano anterior. Deles, 30 foron mortais, o que supón unha diminución de falecidos do 33% con respecto a 2022.

Así o reflicte o avance de datos de sinistralidade laboral publicado polo Ministerio de Traballo, que recolle para Galicia unha baixada neste índice. En concreto, 12.083 accidentes tiveron lugar durante a xornada laboral, 11.891 leves, 165 graves e 27 mortais. Entre xaneiro e xuño de 2022 rexistráronse 40 accidentes mortais. A maiores, houbo 1.263 accidentes laborais 'in itínere', isto é, nos desprazamentos relacionados co traballo. Deles, 1.242 foron leves, 18 graves e tres mortais.

Por provincias, o maior número de accidentes laborais e deu na Coruña, con 6.130 --5.592 en xornada e 538 in itínere--, seguida de Pontevedra, con 4.070; Lugo, con 1.590; e Ourense, onde se produciron 1.556 accidentes laborais. Na provincia da Coruña houbo 12 accidentes laborais mortais, os mesmos que en Pontevedra; en Lugo producíronse catro e en Ourense 2.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, un total de 337 traballadores faleceron en accidente laboral no seis primeiros meses deste ano, 57 menos que en igual período de 2022, o que en termos relativos implica un descenso do 14,5%.

A maior parte dos accidentes mortais prodúcense por infartos e derrames cerebrais, accidentes de tráfico, atrapamientos e amputacións, caídas e colisións contra obxectos en movemento.

Traballadora
Traballadora | Fonte: MINISTERIO DE SEGURIDADE SOCIAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta