Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/08/2023 | Actualizada ás 18:28
O concelleiro de Medio Rural, José González, reuniuse este mércores coa alcaldesa do municipio ourensán de Porqueira, Susana Vázquez, nun encontro no que se valorou a posibilidade de levar a cabo unha nova concentración parcelaria nos lugares de Paradela de Abeleda e Lovios.
Tal como lembrou a Xunta nun comunicado, o municipio xa conta cunha concentración parcelaria que mobilizou 712 hectáreas de terreo divididas en 2.053 parcelas (anteriormente eran 9.045) de case 800 titulares, na que está prevista a entrega de títulos ao longo de 2024.
Na reunión tamén se abordaron outros temas de interese para o rural desta localidade, especialmente no que incumbe a pór en valor o territorio a través dos diferentes instrumentos que facilita a Consellería do Medio Rural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.