O cárcere de Teixeiro celebra unha conferencia sobre as mulleres en cadeas dos Estados Unidos

A conferencia está incluída dentro dos 25 anos do centro penitenciario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2023 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O cárcere de Teixeiro  acolle este martes unha conferencia sobre as mulleres en prisións de Estados Unidos, impartida pola profesora Amy B. Smoyer, segundo informa o sindicato Acaip-UGT.

Dentro dos actos organizados pola dirección de Teixeiro conmotivo do 25 aniversario da prisión, o sindicato e a Fundación Athena convidaron á profesora Smoyer a impartir unha charla este martes, ás 11,00 horas.

Amy B. Smoyer é profesora asociada de Traballo Social na Universidade Estatal do Sur de Connecticut e colaboradora da Organización Mundial da Saúde para a súa oficina en Europa e Asia Central.

Tamén traballa coas internas da Institución Correccional de York, a única prisión de mulleres de Connecticut, e con Evergreen Family Services, un programa comunitario que apoia a homes e mulleres tras saír de prisión en New Haven.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta