Por E.P. | A CORUÑA | 23/08/2023 | Actualizada ás 14:53
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, vinculou a presenza de candorcas na costa galega coa procura de alimentos, tras a identificación doutros dous exemplares na ría de Arousa.
Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, con motivo da inauguración dunha exposición na Autoridade Portuaria da Coruña.
Por outra banda, en materia de seguridade, lembrou que a Xunta puxo en marcha unha app para que os navegantes poidan comprobar "por onde se están movendo as candorcas e facilitar que poidan variar o rumbo".
"Tamén os navegantes poden informar da súa localización", dixo en relación ás candorcas o conselleiro, quen asegurou que a citada aplicación está a funcionar "moi ben".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.