O Festival da Luz de Boimorto acollerá 10 proxectos musicais galegos do programa 'Sonermerxente'

Paraíso Canto, Samudra Trío, Zeltia Irevire, De Ninghures, Adrian Timms, hydn, Ani Baires, Helena Egea, Law e Mondra son as bandas e artistas que pasarán polo festival e que compartirán cartel con nomes nacionais e internacionais como Viva Suecia, Vicco, Rayden, Heredeiros da Crus, Ladilla Rusa, Roi Méndez, Ona Mafalda, Luar na Lubre ou Reincidentes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/08/2023 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O Festival da Luz (Boimorto), acollerá as actuacións dos 10 proxectos musicais galegos integrados no programa 'Sonemerxente', a iniciativa de aceleración cultural organizada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e a Fundación Paideia Galiza.

Paraíso Canto, Samudra Trío, Zeltia Irevire, De Ninghures, Adrian Timms, hydn, Ani Baires, Helena Egea, Law e Mondra son as bandas e artistas que pasarán polo festival o sábado 26 e o domingo 27 de agosto, nun escenario poligonal con 8 metros de fronte e unha pantalla central deseñada especialmente para a ocasión. Todos eles compartirán cartel con nomes nacionais e internacionais como Viva Suecia, Vicco, Rayden, Heredeiros da Crus, Ladilla Rusa, Roi Méndez, Ona Mafalda, Luar na Lubre ou Reincidentes.

O Escenario Sonemerxente do Festival da Luz é unha importante aposta polo talento emerxente galego, onde o público poderá coñecer a estas 10 bandas e artistas que buscan facerse un oco no panorama musical nacional, grazas á axuda deste proxecto de aceleración cultural da Xunta de Galicia que xestiona a Fundación Paideia Galiza e que conta co financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Festival da Luz
Festival da Luz | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta