Sabes onde está e canto custa a casa máis cara de Galicia?

Segundo o portal Idealista atopase na provincia da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/08/2023 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A casa de Galicia á venda no portal inmobiliario idealista.com por un prezo máis elevado atópase na localidade coruñesa de Cee, en plena Costa da Morte. Trátase dunha vivenda que se define como "exclusiva e única" en primeira liña de praia. En concreto, unha "fortaleza castelo" construída nunha península sobre cantis de 4 metros. Está á venda por 4,7 millóns de euros.

No seu anuncio, o portal asegura que "foi mandada construír en tempos de Felipe V, no ano 1740, e terminou a súa construción en 1.751, denominándoa Castelo Fortaleza do Príncipe en honra do seu fillo Carlos, posteriormente Carlos III". Engade que foi restaurada "totalmente" nos anos 1985-1986.

EN ESPAÑA

Pola súa banda, as cinco casas máis caras que hai actualmente á venda en España atópanse na provincia de Málaga, segundo un ranking elaborado por Idealista, que sitúa no primeiro posto unha mansión das Lombas, en Marbella, cun custo de 35 millóns de euros e un terreo de 8.800 metros cadrados.

Villa en Marbella, situada na segunda posición, ocupa unha parcela de 4.700 metros cadrados na urbanización malagueña de Cascada de Camojan e ten un prezo de 29,5 millóns de euros.

Pecha o podium unha mansión na Milla de Ouro de Marbella, cun custo de 29 millóns de euros e dividida en seis habitacións, ademais dunha adega, un ximnasio ou unha sala de xogos. Séguenlles o Palacio de la Paz e a Mansión, ambos en Marbella e dispoñibles por 28 millóns de euros.

Castelo do Príncipe, en Cee
Castelo do Príncipe, en Cee | Fonte: paisajesdeelaire.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta