Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2023 | Actualizada ás 14:26
Unha muller faleceu este domingo tras caer da moto que conducía pola estrada OU-112, ao seu paso polo municipio ourensán de Laza. Segundo informou o 112, o suceso ocorreu pouco antes das 13,00 horas e os servizos sanitarios que actuaron no punto non puideron salvar a súa vida.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, GES de Laza e a Garda Civil de Tráfico. Con todo, estaba avisado o helicóptero medicalizado pero non chegou a tomar terra no lugar do sinistro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.