O Foro Económico detecta signos de ralentización da economía para finais de ano

A actividade económica segue á alza no mes de xuño en Galicia cun comportamento semellante ao da economía española.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/08/2023 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de xuño un incremento interanual do +2,6%. Este valor supón un aumento dunha décima con respecto ao mes de maio. Con este incremento, o indicador continúa a senda alcista comezada en decembro de 2022.  Con respecto ao ano pasado, este valor supón unha décima máis respecto ao mes de xuño.

Exportacións agroalimentarias
Exportacións agroalimentarias | Fonte: EP

Coa información oficial xa dispoñible da primeira metade ano, cos datos dunha evolución interanual do PIB no segundo trimestre do ano de +1,5% para Galicia e +1,8% para España, obsérvase un comportamento semellante ao da economía española.  Esta evolución mellora claramente as perspectivas sobre a evolución económica coas que se comezou o ano.  Porén, o claro empeoramento das exportacións, anticipa unha minoración significativa do crecemento no segundo semestre do ano.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador cómpre destacar o comportamento do Índice de produción industrial (IPRI), cun incremento superior ao 20%, que racha a tendencia moi desfavorable dende comezos de ano. En sentido contrario, as variables referentes ao comercio exterior (tanto exportacións, como sobre todo importacións) sofren importantes descensos en termos interanuais no mes de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta