Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2023 | Actualizada ás 10:06
Un home de 50 anos veciño da localidade pontevedresa de Cambados foi arrestado como presunto responsable de dous atracos en entidades bancarias de Moraña e Teo cometidos no últimos tres meses.
A identificación e detención deste individuo foi froito da investigación iniciada polo equipo da Policía Xudicial de Santiago en colaboración con unidades da Comandancia de Pontevedra a Benemérita a raíz do asalto o pasado 2 de agosto a unha oficina de Abanca situada na Casalonga, na parroquia teense de Calo, onde intimidou cunha arma branca a unha clienta e a unha traballadora.
As pescudas determinaron que o mesmo home que cometera estes feitos xa fora identificado como presunto responsable do atraco rexistrado o 2 de maio noutra entidade bancaria situada no concello pontevedrés de Moraña.
Baixo a coordinación do xulgado de instrución número 1 de Santiago, os axentes localizaron ao home, que reside en Cambados e conta con antecedentes policiais. Impútanselle dous delitos de roubo con violencia e intimidación. Durante o rexistro da vivenda do detido, que permanece en prisión provisional por orde do xulgado, foron achados varios efectos que se relacionan cos dous asaltos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.