Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2023 | Actualizada ás 16:51
Os socorristas de todas as praias de costas situadas no municipio de Ferrol izaron a bandeira vermella en todos os areais este mércores, 30 de agosto, tras a aparición de medusas da especie carabela portuguesa.
A única excepción son as praias do interior da ría, como son A Graña e Caranza, onde unha vez máis están colocadas a bandeira verde.
Segundo detallou o Concello de Ferrol, a maioría deles foron localizadas en Santa Comba, na parroquia de Covas, aínda que tamén apareceron, en menor número, nas demais praias durante a xornada.
Ademais, está previsto que nos areais que se detecten poucas unidades irase pasando á bandeira amarela e informando por megafonía da posible presenza de medusas de face a evitar incidentes cos usuarios.
Así, á primeira hora foi localizado un só exemplar en Doniños, doce en Ponzos, sete en Penencia, ata as máis de 30 en Santa Comba, un número que foi aumentando, segundo foron pasando as horas.
Esta situación súmase á da Coruña, que tamén obrigou a pechar este martes ao baño varios areais pola presenza deste tipo de medusas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.