Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2024 | Actualizada ás 12:14
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai iniciar unha nova fase nos traballos de reposición do taboleiro do paso superior sobre a N- 120 no quilómetro 456 no Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.
Segundo informou o Mitma nun comunicado, para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir das 8,00 horas do sábado 30 de novembro será necesario efectuar o corte total ao tráfico da estrada N-120 entre os quilómetros 455 e 457,1.
Neste sentido, establecerán un itinerario alternativo debidamente sinalizado a través da travesía do Barco de Valdeorras. O tráfico quedará restablecido previsiblemente ao longo do día seguinte, domingo 1 de decembro. .
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.