Desarticulado un punto de venda de drogas en Pontevedra con cinco detidos

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/11/2024 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A Policía Nacional, coa colaboración da Policía Local, detiveron a cinco persoas, tres homes e dúas mulleres, na desarticulación dun punto de venda de drogas no barrio da Seca, en Pontevedra.

Segundo explicou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, a operación, denominada 'Dry', produciuse este mércores e os axentes rexistraron tres domicilios. No operativo incautaron haxix e marihuana, material para distribuír as sustancias e diñeiro en efectivo "produto da venda". Os detidos quedaron en liberdade á espera de ser chamados para declarar polo Xulgado número tres de Pontevedra.

Losada detallou que había queixas dos veciños polo tránsito de persoas que acudían a eses domicilios "a comprar drogas". "Actuouse para desarticular esta rede de venda de droga porque a tranquilidade da xente que vive na Seca e as inmediacións tamén é un obxectivo policial", detallou.

Así mesmo, Abel Losada felicitou o "excelente traballo" que realiza a comisaría de Pontevedra para reforzar a seguridade cidadá e á Policía Local que "colaborou intensamente".

Policía Nacional / POLICÍA NACIONAL - Arquivo / Europa Press
Policía Nacional / POLICÍA NACIONAL - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta