Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/08/2023 | Actualizada ás 10:07
Os efectivos contra incendios deron por extinguido o lume forestal iniciado na noite do martes que calcinou máis de 87 hectáreas no municipio ourensán da Mezquita.
As chamas quedaron sufocadas minutos despois das 23.00 horas do mércores, 25 horas despois de que se declarase o incendio na parroquia de Santigoso.
As últimas estimacións ofrecidas pola Consellería do Medio Rural sitúan a superficie afectada en 87,45 hectáreas, todas de superficie rasa. Na zona traballaron sete axentes, 23 brigadas, once motobombas, dúas pas e medios aéreos.
Segundo a Xunta, o incendio foi provocado, como apunta o feito de que as chamas se iniciaron en catro focos distintos de forma simultánea minutos despois de caer a noite do martes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.