Galegos e galegas pasan un 14% do día vendo a televisión, case tres horas e media

O consumo de televisión subiu un 3% en agosto, coa final do mundial de fútbol feminino como a emisión máis vista..

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 01/09/2023 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Galicia foi no mes de agosto a terceira comunidade autónoma con maior consumo de televisión cunha media de 176 minutos, só por detrás de Asturias (182) e Castela-A Mancha (179) e por diante de Madrid e Cataluña, cuxas poboacións dedicaron respectivamente 140 e 144 minutos a ver TV.

Os espectadores españois que acenderon o televisor consumiron 299 minutos diarios de televisión durante o mes de agosto de 2023, 5 minutos máis (2%) que no mesmo mes do ano pasado, aínda que de media, en total cada español dedicou unha media de 2 horas e 39 minutos a pequena pantalla ao día, 4 minutos máis (3%) que a mesma trintena de 2022, segundo o informe 'Análise mensual do Comportamento da Audiencia TV', elaborado por Barlovento Comunicación.

Ademais, o estudo eleva ata as 3 horas e 21 minutos o tempo dedicado por cada persoa ao día a consumo de televisión tradicional sumado a outros usos, o que representa 13 minutos máis (7%) que en agosto do ano pasado. Sobre as 24 horas do día, estas 3 horas e 21 minutos supoñen o 14 por cento do tempo total.

O momento que máis espectadores aglutinou fronte ao televisor durante o mes de agosto foi a celebración posterior ao final do Campionato Mundial de Fútbol Feminino, que gañou a Selección Española en Australia.

Ás 14.02 horas do 20 de agosto, 7,4 millóns viron a celebración da final que España disputou ante Inglaterra. Esa foi, precisamente, a emisión máis vista de todo o mes, que concitó a 6,2 millóns de espectadores e que obtivo un 59,6 por cento de cota de pantalla.

Muller vendo a televisión/NBCnews/andresr / Getty Images
Muller vendo a televisión/NBCnews/andresr / Getty Images

As mulleres consumiron máis tempo de televisión, con 170 minutos diarios (2 horas e 50 minutos), aínda que o maior consumo deuse entre os maiores de 64 anos, que dedicaron 295 minutos a ver a pequena pantalla (4 horas e 55 minutos). Por comunidades autónomas, as máis consumidoras foron Asturias con 182 minutos, Castela-A Mancha, con 179 e Galicia, con 176 minutos, fronte a Madrid e Cataluña, cuxas poboacións dedicaron respectivamente 140 e 144 minutos a ver a televisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta