O presidente da Deputación de Pontevedra acusa a PSdeG e BNG de deixar case baleiras as contas do organismo

Di que para investimentos da propia Deputación, "queda en caixa un 33% do orzamento" é dicir, "11 puntos menos que hai dous anos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2023 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres dos resultados principais da avaliación interna de contas que reflicten, segundo asegurou, "un gasto superior ao habitual" nos últimos meses do goberno bipartito presidido por Carmela Silva, cunha "xestión descontrolada de todo o diñeiro dos pontevedreses".

Segundo desvelou o presidente, a día de hoxe, a administración provincial conta con só o 6,5% das partidas reservadas para investimentos noutros concellos, así como asociacións ou terceiros, o que supón case a metade do diñeiro que se dispuña o ano anterior.

En canto ás partidas consignadas para investimentos da propia Deputación, "queda en caixa un 33% do orzamento" é dicir, "11 puntos menos que hai dous anos". Con respecto aos fondos de gasto corrente destinados a transferir aos concellos e a entidades "disponse dun 9,75%" (3,4 puntos menos) e para financiar o funcionamento da propia Deputación "dispomos dun 17,5% de gasto".

O presidente provincial quixo mandar unha mensaxe. "Ante esta situación, o actual goberno provincial fará todo canto estea na súa man para atender estes atrancos e atender, o máis importante, as necesidades da provincia", apuntou.

"PREOCUPANTES E ELOCUENTES"

Luís López lembrou que esta avaliación de contas foi algo o que se comprometeron na primeira xunta de goberno. Sobre o resultado, apuntou que se trata de datos "preocupantes e elocuentes" da xestión que se fixo con cargo ao orzamento 2023, principalmente nos primeiros cinco meses de ano, "que estivo marcado pola convocatoria electoral do 28 de maio".

A candidata do PP en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Deputación de POntevedra, Luis López (c)
A candidata do PP en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Deputación de POntevedra, Luis López (c) | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Segundo asegurou Luís López, "o que arroxan os datos é unha situación preocupante" por mor de "un gasto superior ao habitual" que foi "acometido ou comprometido polo anterior goberno provincial nun ano electoral".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta