As feiras do libro pechan este ano cun 5% máis de vendas e máis de 18.000 participantes

Contou coa participación de 102 librarías, 16 editoriais e 13 institucións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2023 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O circuíto de feiras do libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías para apoiar a actividade do sector pechou a edición deste ano cun incremento dun 5% nas vendas e máis de 18.000 participantes nas case 1.000 actividades organizadas.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, celebrou estas cifras, nas que "o incremento na venda de publicacións e o aumento da participación nas actividades dá plenamente resposta aos obxectivos do Plan de impuslo ao libro galego para crear e fidelizar lectores a través de iniciativas como esta", sinalou nun comunicado.

Para Lorenzo, estas iniciativas son "un dos eventos culturais máis importantes cada ano, polo volume de participantes2 e alude ao seu papel "para reforzar o sector do libro como industria cultural relevante".

En cifras, o circuíto percorreu desde o pasado mes de abril 14 localidades galegas e contou coa participación de 102 librarías, 16 editoriais e 13 institucións. Neste sentido, celebráronse un total de 641 firmas de libros, 81 máis que na edición anterior. Nelas participaron 7.850 persoas, 1.749 máis que o ano pasado.

Tamén se organizaron case 300 actividades paralelas, entre talleres e iniciativas para o público máis novo, cunha participación de 8.615 persoas. Ademais, segundo os datos que manexa a Federación de Libreiros de Galicia, o 90% das librarías participantes apuntan a unhas vendas un 5% por encima dos datos do ano pasado. O circuíto de feiras conta co apoio económico de 150.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

Feira do Libro de Santiago de Compostela
Feira do Libro de Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta