Román Rodríguez di que a Xunta inviste o dobre que antes da pandemia en axudas de libros

Recoñece a "crecente inflación" que existe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2023 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou nunha visita no Saviñao que a Xunta de Galicia inviste este curso en axudas de libros de texto e material escolar o dobre do que destinaba antes da pandemia. En concreto, 26 millóns de euros fronte aos 12 millóns de euros do curso 19/20.

Tal e como recollen nun comunicado, o conselleiro afirmou que o Goberno galego é "consciente" da situación neste inicio de curso, "que se agrava pola crecente inflación" que afecta o combustible, á alimentación "e tamén ao retorno ás aulas".

"Ante esta 'costa de setembro', explican, o seu departamento ten en marcha medidas "para reducir este impacto", que aforran "máis de 100 millóns de euros ás familias". Entre elas, citou o bono material, que chegará a 130.000 estudantes, un 40% máis ou o 12% do incremento en axudas de libros de texto. A estas iniciativas súmanse o fondo de préstamos con moi boa acollida en familias e centros de ensino e o libro electrónico, así como a rede de transporte e comedor escolar, ás que a Xunta destina un millón de euros ao día.

"Cunha repartición equitativa, de forma gradual en función da renda, as familias con menos recursos teñen máis facilidades e maior igualdade de oportunidades", reflexionou. Grazas a isto, continuou, o 70% dos alumnos de Galicia recibe algunha axuda de libros ou material.

NOVAS MATERIAS

Preguntado sobre as novas materias que se comezan a impartir este curso, sinalou que o seu departamento quixo "desde o principio, corrixir as lagoas da nova lei estatal, que supuxo moitos problemas de adaptación no sistema educativo".

Nunha entrevista concedida a Radio Nacional Galicia, lembrou que Galicia ten hoxe "os orzamentos educativos máis altos da súa historia e é a Comunidade que máis inviste por alumno tras Euskadi e Navarra".

En relación á educación rural, destacou que o 99,7% dos estudantes de Infantil e Primaria teñen un centro no seu concello, un dato que en España baixa ao 55%.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta