Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 12:29
A Federación de Librarías de Galicia animou ao profesorado e ás familias a fomentar o hábito lector dos máis novos no novo curso escolar e apuntan algunhas das claves que transforman a lectura "nun pracer por encima do proceso formativo".
Nun comunicado, a entidade sinala que "hai xa anos" que os educadores e as bibliotecas traballan "moi adecuadamente a selección de lecturas recomendadas para os máis pequenos".
"Unha das claves para que ler sexa parte da vida real dos nenos e nenas é que os libros que se lles achegan sexan realmente atractivos para eles", destaca.
Ademais de lecturas idóneas para a idade, contemporáneas e adecuadas ao gusto persoal de cada infante, engaden outros hábitos que poden axudar a transformar a calquera menor "nun lector ou lectora voraz" como que nas casas os libros estean "ao alcance da man" ou "escoitar e compartir" con eles as impresións das lecturas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.