Aínda que non nolo parecese, Galicia tivo un agosto cálido e con precipitacións normais

Galicia tivo un agosto cálido cunha temperatura alta media de 26,3 ºC no que os episodios de frío rexistrados ao comezo e ao final do mes foron compensados con dous capítulos de calor, especialmente o vivido na penúltima semana no que se chegaron a superar os 40 ºC en varios puntos da comunidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

Galicia tivo un agosto cálido cunha temperatura alta media de 26,3 ºC no que os episodios de frío rexistrados ao comezo e ao final do mes foron compensados con dous capítulos de calor, especialmente o vivido na penúltima semana no que se chegaron a superar os 40 ºC en varios puntos da comunidade.

O balance realizado por Meteogalicia do oitavo mes de 2023 reflicte que as precipitacións foron as habituais para a época do ano nun agosto caracterizado pola variabilidade meteorolóxica e polo predominio das situacións anticiclónicas. As entradas de aire cálido procedente de África provocaron dous episodios de calor rexistrados os días 7, 9 e 21 de agosto, o que fixo que as temperaturas medias fosen máis altas do esperado.

Así, as máximas no mes de agosto oscilaron, de media, os 26,3 ºC, aínda que chegaron a rexistrarse valores por encima dos 33 ºC nas concas do Sil, no Miño ourensán e na comarca de Verín. En canto ás mínimas, tamén estiveron por encima do esperado, cunha media do 14,1 ºC. Na serra da Queixa e na Limia chegouse aos 8,3 ºC de media mínima.

CHOIVAS

O informe tamén sinala que as precipitacións estiveron dentro dos baremos habituais para o mes de agosto, cunha media acumulada de 32 l/m2. O norte da Coruña e o noroeste de Pontevedra foron as zonas con máis choivas acumuladas con 90 l/m2. No lado oposto, os valores máis baixos rexistráronse na Terra de Lemos e, especialmente, no sueste de Ourense, onde algunhas áreas non recolleron choivas en todo o mes. Deste xeito, en termos xerais, a anomalía media das precipitacións para o mes de agosto foi un 29 % inferior ao valor climático habitual, un dato que, dadas as variacións habituais neste mes, é considerado como normal.

Imaxe aérea da praia de Patos, a 22 de agosto de 2023, en Nigrán
Imaxe aérea da praia de Patos, a 22 de agosto de 2023, en Nigrán | Fonte: Agostime

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta