Comeza o proceso para aclarar a titularidade de parcelas en tres 'aldeas modelo': 16 en Sober, 12 en Taboadela e 24 en Cualedro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores os anuncios do comezo dos procedementos de investigación de titularidade de inmobles por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural nas aldeas modelo de Sober, Taboadela e Cualedro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2023 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores os anuncios do comezo dos procedementos de investigación de titularidade de inmobles por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural nas aldeas modelo de Sober, Taboadela e Cualedro. Estes expedientes lévanse a cabo, segundo explica a Consellería de Medio Rural, dentro dos traballos desenvoltos nestas aldeas modelo.

En concreto, na de Francos de Proendos, en Sober, está a traballarse nunha superficie de case 13 hectáreas en 119 parcelas de 70 titulares catastrais. Co procedemento que se publica este mércores, segundo a Xunta, vaise a aclarar a titularidade de 16 parcelas. No caso de Covelo, en Taboadela, conta con máis de 15 hectáreas divididas en 223 parcelas de 109 propietarios, "e aclararase a titularidade de 12 inmobles".

Por último, a aldea modelo de Carzoá, en Cualedro, abarca unha superficie de case 54 hectáreas con 389 parcelas duns 215 propietarios, na que serán 24 as parcelas que se aclararán. Estes procedementos terán que estar instruídos e resoltos nun prazo máximo de dous anos e ao seu termo darase traslado á administración xeral do estado para a actualización dos datos catastrais.

Aldea modelo
Aldea modelo | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta