Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/09/2023 | Actualizada ás 10:55
Madrid lidera a clasificación de mulleres programadoras a nivel estatal. En segundo lugar, atópase Andalucía e séguelle Galicia. A clasificación complétao a Comunidade Valenciana e Cataluña, respectivamente. Son datos de Adalab, a primeira escola de España especializada en formación tecnolóxica para mulleres, tras levar a cabo un estudo entre as súas alumnas para coñecer cal é o perfil das mulleres con motivo do Día do Programador, que se celebra este 13 de setembro.
As mulleres que se preparan para ser programadoras en busca dunha segunda oportunidade laboral teñen unha idade media de 31 anos e contan con estudos universitarios (o 77%) e, case a metade, teñen un nivel de inglés igual ou superior a un B2 (o 42%). A maioría estaban en situación de desemprego antes de formarse (o 70,5%) e proviñan de sectores totalmente diferentes ao mundo tech. Só o 2% estudaran previamente Informática.
De feito, só o 2% estudaran previamente Informática. A maioría proviñan da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas (o 43%), o 24% de Artes e Humanidades, o 7% de Ciencias da Saúde, e o 10% da rama de Enxeñería e Arquitectura.
As programadoras junior, segundo Adalab, perciben un soldo medio de 20.800 euros brutos anuais. O 39% traballan en remoto e o 41% teñen un modelo híbrido, o que facilita a conciliación laboral e familiar. Tres de cada dez mulleres que se forman no sector son nais.
“As mulleres teñen que pasar de ser espectadoras a ser protagonistas no sector. Nós pertencemos a esa xeración de nenas que como moitas outras se educaron sen referentes femininos en ciencia e tecnoloxía. Agora, traballamos para que outras mulleres se formen nun sector con futuro cheo de oportunidades no que a demanda de emprego supera á oferta", asegura Inés Vázquez Ríos, cofundadora & CEO de Adalab.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.